Nunca antes estivera na tumba de Cunqueiro. Leo na lápida o que quería que del soubesen e lembrasen. Non hai literatura máis viva que a dos epitafios, letras gravadas que nos enfrontan á morte. Conxuros contra ela. Como as fotografías. En Mondoñedo, no Auditorium Pascual Veiga, pode revisitarse unha exposición fotobiográfica sobre Álvaro Cunqueiro. Os paneis expostos foron elaborados hai vinte anos, para o Día das Letras Galegas. A mirada de hoxe goza do interese documental e do valor que o tempo lle confire ás cousas. (Picar aquí para seguir lendo.)
"Na outra banda dixéronme
os vellos vanse convertendo en arbres
vellas tamén sen follas na cara do sol
agardando sen saber o que
mudos".
Álvaro Cunqueiro
mércores, 9 de marzo de 2011
Eiquí xaz alguén
A outra columna que publiquei este ano no suplemento do ABC, correspondente a febreiro, continúa a temática cunqueiriana, á cal penso dedicarlle aínda unha ou dúas "Flores de papel" máis, aproveitando a celebración do centenario, que pouco a pouco vai abrindo oco na vida cultural galega. Do que se fala menos é do seu trinta cabodano, o cal tamén cadra neste 2011. Quizais foi iso o que me levou a escribir sobre epitafios.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.