Con algún retraso, agobiado polas moitas obrigas, por fin insiro o enlace da última columna en ABC. Desta vez decidín interromper a tetraloxía que tiña prevista sobre Cunqueiro para publicar antes a miña pequena homenaxe a Lois Pereiro e outros ausentes que deixaron oco na miña cartografía persoal. Por eles vai esta "húmida mensaxe de vida e de furia necesaria".
Tamén eu escollín a crueldade de abril para retornar a Rianxo en Semana Santa, revisitando os malditos poetas mortos. Desta volta acompañaba a un grupo de filólogas á casa de Manuel Antonio, museo imprescindible que, con moi bo criterio, acaban de abrir nesa vila. Despois da visita, mentres tomabamos unha copa no bar que frecuentaba Rafael Dieste, deume por abrir De catro a catro, para comentar con Mónica un dos poemas. Algo nos pasou pola espiña dorsal ao certificar que estabamos a 22 de abril, a mesma data que apuntara anos atrás, nunha das primeiras páxinas do volume, cando o comprei. (Para seguir lendo picar aquí.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.