"Na outra banda dixéronme
os vellos vanse convertendo en arbres
vellas tamén sen follas na cara do sol
agardando sen saber o que
mudos".

Álvaro Cunqueiro

martes, 31 de xaneiro de 2012

Perfume gótico

Neste primeiro mes do ano, coma sempre, cumprín insatisfactoriamente o programa elaborado coas lecturas pendentes. Mais como contrapartida debo dicir que lin suficiente, en total uns nove libros, e non todos delgados; as horas de vagar foron moitas, pois xa rematei de escribir a noveliña (máis ben labirinto) en verso na que me perdera desde había tempo. 
Para saudar a inminente chegada do 2012 mandara á redacción do ABC este texto, que comezaba cos bos propósitos de lectura que algúns facemos cada ano: 


Nestas datas tan propicias para facer balances e inventarios, supoño que tamén vostedes elaboran listaxes, mentais ou escritas, dos libros que van ler no vindeiro ano. O meu método, froito particular da desorde, consiste en arrombar unha morea de volumes. Á maioría destes inocentes non lles chega o indulto de cada Nadal, e afogan no po, esmagados polas novas lecturas que o azar envíe, como pasou xa hogano coa nova edición en Galaxia da poesía que entre 1933 e 1981 publicou Álvaro Cunqueiro (quen, por certo, ao comezar o ano, anotaba nun caderno autores e títulos que lle apetecía ler; evidentemente, o programa quedaba incumprido por causa do azar)(Para seguir lendo picar aquí.)


Deste xeito remataba coa tetraloxía dedicada a Cunqueiro, no centenario do seu nacemento, que iniciara en Burela a principios de 2011. 

No Museo Virtual de Burela podedes ver as pinturas da Vila do Medio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.