Hai uns meses, máis ou menos pola época na que redactaba os textos das últimas entradas aquí publicadas, Ana Martínez Pedrosa propúxome colaborar esporadicamente coa axencia EFE, da que é delegada xeral en Galiza. Esta Ana é unha xornalista de raza, como se dicía antigamente. Tamén ten o don da persuasión, pois foi ela mesma quen me fichara para o ABC. Igual hai entre vós quen teña a malicia de considerarme un mendigo que vai de redacción en redacción pedindo por caridade un espazo para as súas colaboracións xornalísticas. Todo pode ser. O caso é que fun xuntando algunhas crónicas (tituladas pseudo-intimamente "As Crónicas de Naifa") que foron aparecendo aquí e acolá ou ficaron inéditas. Irei recuperando algunhas no blogue (teño tamén entrevistas, mais por agora non vou botar man delas; prefiro manter o hábito de sempre: texto tipo crónica ou columna literaria da miña autoría acompañado de imaxe).
Busquei o correo que lle enviei a Ana no medio do verán e foi así como vin saber que o día 10 de xullo de 2013 enviaba "a primeira das miñas crónicas (desculpa o retraso, mais teño a cabeza moi liada estes días)" á axencia EFE (xa mandara un texto anterior, pero iso non vén ao caso). A miña intención era que se publicase de inmediato, pois falaba de actos que ían ter lugar do 11 ao 14 de xullo de 2013 (é dicir, a partir do día seguinte ao meu envío). O artigo, que contén no seu título o nome deste blogue, di:

No ano 1993 escoitei falar por vez primeira do poeta Antón Avilés de Taramancos. Unha profesora tentou ilustrarnos no instituto, o día do cabodano. Si coñecera levemente o taberneiro Antón Avilés Vinagre, mais non maxinara que aquela mesa de tasca ateigada de papeis e dicionarios fose o escritorio dun poeta. Hoxe tómolle prestado un verso para o meu título. Moitos poemas seus acompañáronme, como ondas e vento, na travesía da vida (mesmo fun acusado de plaxialo nun concurso!), mais escollo agora o que inicia así: "Na outra banda do mar construen o navio:/ o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben/ que están a construir a torre de cristal da miña infáncia". (Podedes seguir lendo aquí, no xornal dixital onde mo publicaron, unha bitácora da Ría de Muros e Noia.)
Embarcacións tradicionais amarradas no peirao do Freixo durante o encontro.
Arquivo: Terra de Outes
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.